
Cultural
Cine, teatro, exposiciones, conciertos
Como cuando el pelo se eriza - Apertura de Proceso
Lugo
28 Ago 2026
Cuándo
Viernes, 28 de Agosto de 2026
20:00
Dónde
Sobre el evento
@ovellocarcere é dende hoxe a casa de @bgteran___ e @osburo quenes estarán investigando cadanseus procesos de creación ata o venres 28 de agosto, día no que temos programada a mostra aberta de ambos procesos ás 20 horas.
O proxecto de Blanca titúlase “Como cuando el pelo se eriza”, nel, Blanca, parte dunha incoherencia: unha desgarrada carencia de desexo e unha necesidade de facer o que lle de a gana. De aí nace unha investigación coreográfica obsesionada co capricho. Capriccio do italiano: combinación de caput (cabeza) e ericius (ourizo). As primeiras semánticas do termo aparecen no s. XIII, onde se refería á sensación dun tremor súbito, como cando o pelo se ouriza de espanto. Durante o Barroco temperán, o significado evolucionou cara a «antojo repentino». Neste mesmo marco temporal, o termo comeza tamén a designar un tipo de formas artísticas, un xénero musical, pictórico e arquitectónico.
“Como cuando el pelo se eriza” é un proxecto coreográfico ao que lle interesa xogar e afondar nunha constelación semántica que deriva deste tremor súbito: o desexo, a clase e o tempo. Un corpo impaciente que habita unha relación cunha ausencia, unha potencia de algo que aínda non está, non é e que tal vez nunca sexa. Esa potencia especulativa paréceme extremadamente erótica e quero encorporala a través de “tal vez” bailes e de “tal vez” cantares.