Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

Comisión de festas

O Sar

14 Jul 2026

Cuándo

Martes, 14 de Julio de 2026

12:00

Dónde

Rois

O Sar, A Coruña

Sobre el evento

Brais das Hortas ten un plan: armar a festa.

Pero non o pode facer só. Precisa unha comisión de festas.

Neste novo espectáculo que mistura música, clown e teatro, Brais das Hortas transformará o escenario nun torreiro en festas coa axuda do público que será a súa

Comisión de festas

.

A música, o baile e a risa coa continua interacción co público irá transformando pouco a pouco o escenario nun campo da festa.

O publicasso

será un sacho, un capacho e un chimpín. Fará beatbox aínda que non teña nin idea e mesmo creará unha canción en vivo. Cantará, fará coreografías e moito máis.

E aínda hai máis!

Unha galiña cantando con autotune en

Tarde piaches

, un arriscado selfie ao lado dun pastor eléctrico que acaba cun

Calambrasso no braso

, un baile orgulloso e diverso a peito aberto e peludo, moi peludo, en

Peito Lobo

...

Títulos coma

Levanta a cabeza do teu selular, Baile do Carracho

ou o country

Ouriso Cacho.

Todo isto acontecerá nunha festa que non podes perder.

Vente a botar unha man na

Comisión de festas

, porque traballo sempre hai e unha axuda sempre fai falla. E cando o traballo se comparte, a festa sabe mellor, porque é a nosa, a que nós, coa nosa alegría e esforzo, fixemos para nós.

Disto vai

Comisión de festas

, de darnos conta de que, se nos xuntamos, podemos encher o mundo de alegría.

Fuente:

https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=154988

También te puede interesar