Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

CINEUROPA: THE GENERAL (O MAQUINISTA DA XENERAL)

Santiago

19 Nov 2026

Cuándo

Jueves, 19 de Noviembre de 2026

20:00

Dónde

Auditorio de Galicia

Santiago, A Coruña

Sobre el evento

TEMPADA «MEMORIA» · CINEUROPA

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Timothy Brock, director

Proxección do filme coa música en directo

Coa participación do estudantado da EAEM

PROGRAMA

The General, 1926

(O maquinista da Xeneral)

Directores do filme: Buster Keaton e Clyde Bruckman

Música: Timothy Brock (2005)

Timothy Brock volve a Santiago para protagonizar unha das citas imprescindibles co cinema mudo. Nesta ocasión, poñerase á fronte da banda sonora que compuxo en 2005 para

O maquinista da Xeneral,

a obra mestra de Clyde Bruckman e Buster Keaton. Ante a ausencia de indicacións musicais do cineasta, Brock creou unha partitura completamente nova, inspirada no universo sonoro dos anos vinte e construída a partir de himnos, foxtrots, valses e outras músicas conservadas en arquivos históricos.

O compositor procura recrear como podería soar en 1926 a música desta película, trasladando á orquestra toda a enerxía das célebres persecucións ferroviarias e recuperando, ao mesmo tempo, os xeitos interpretativos propios da época. Así, a música recupera a autenticidade dunha linguaxe sonora hoxe practicamente desaparecida.

Concerto incluído no Abono Xeral da RFG e no Abono (EN)FOCO Xacobeo

Fuente:

https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/cineuropa-general-o-maquinista-da-xeneral

También te puede interesar