
Cultural
Cine, teatro, exposiciones, conciertos
Ciclo de Cine Filosófico
Santiago
22 Sep 2026
Cuándo
Martes, 22 de Septiembre de 2026
17:00
Dónde
Sobre el evento
A inauguración do Ciclo de Cine Filosófico será o martes 22 no Salón de Actos da Facultade de Filosofía coa proxección do filme
Lost Highway
[Autoestrada perdida] (1997), do cineasta David Lynch.
Esta é unha actividade do proxecto ‘Cultura en Mazarelos’ da Facultade de Filosofía, que conta cun recoñecemento de dous créditos ECTS para todo o estudantado da USC. Entrada de balde ata completar a capacidade do espazo.
Lost Highway
é unha cinta de Möbius filmada: unha estrada que conduce ao lugar do que pretendiamos fuxir. David Lynch transforma o noir nunha metafísica do desexo, dos celos e da culpa. Aquí a identidade non é unha certeza, senón unha máscara que se esnaquiza baixo a presión do insoportable. O tempo non avanza: dóbrase, repítese e acaba por devorar a quen cre habitalo. Non sabemos se asistimos a un crime, a un soño ou á fantasía coa que un home intenta sobrevivir ao seu propio acto. Pero esa indecisión non é un defecto que cumpra resolver: é o corazón filosófico da película. Lost Highway pregúntanos se somos aquilo que fixemos ou a ficción que construímos para non recoñecérmonos niso. Unha obra nocturna, hipnótica e implacable coa que se inaugura o ciclo de cinema da Facultade de Filosofía.
Fuente:
https://www.usc.gal//gl/xornal/eventos/ciclo-cine-filosofico