
Cultural
Cine, teatro, exposiciones, conciertos
Celebración do Día das Letras Galegas
Santiago
12 May 2026
Cuándo
Martes, 12 de Mayo de 2026
12:00
Dónde
Sobre el evento
A Universidade de Santiago celebrará o Día das Letras Galegas, este ano dedicado a Begoña Caamaño, cun acto o 12 de maio ás 12.00 horas no Salón Nobre do Pazo de Fonseca que presidirá a reitora Rosa M. Crujeiras e ao que tamén asiste a alcaldesa Goretti SanMartín.
O evento comezará coa intervención do profesor Francisco Cidrás Escáneo, director do departamento de Filoloxía Galega, que presentará o libro
Begoña Caamaño: mudar o mundo
, para logo continuar cunha lectura dramatizada de fragmentos da novela
Morgana en Esmelle
a cargo das estudantes do Grao en Lingua e Literatura Galega Cecilia Gómez Gutiérrez, Iria Liñares Cereixo, Xiana Sar Rañó e Sabela Treinta Lomba.
A conferencia este ano corresponderalle á profesora do departamento de Filoloxía Galega, María Xesús Nogueira Pereira, e leva por título ‘Todas as Begoñas posíbeis’.
O acto estará amenizado pola artista Alba María.
Fuente:
https://www.usc.gal//gl/xornal/eventos/celebracion-dia-letras-galegas