
Cultural
Cine, teatro, exposiciones, conciertos
Castelao, un corazón á intemperie
Espectáculo de teatro sobre Castelao
O Carballiño
7 Mar 2026
Cuándo
Sábado, 7 de Marzo de 2026
18:00
Dónde
Sobre el evento
CASTELAO, UN CORAZÓN Á INTEMPERIE é a unha produción de Fantoches Baj para público infantil e familiar, unha proposta de narración oral, monicreques, música tradicional e teatro de máscaras que busca dar a coñecer a Castelao entre as nenas e os nenos, reler e interpretar parte da súa obra e poñer en valor o galego.
Após a morte de Castelao o 7 de xaneiro de 1950, nun tempo no que en Galicia non era posible chorar a súa perda, o dramaturgo e director de escena Daniel Varela Buxán decide render, nun acto privado diante da súa veciñanza, a súa particular homenaxe ao rianxeiro.
Varela Buxán fora o encargado de dirixir
Os vellos non deben de namorarse
na súa estrea absoluta en 1941 en Bos Aires e, a partires de aí, mantivo unha fonda amizade con Castelao. Por iso, para homenaxealo, Varela Buxán colocarase nun pequeno escenario onde trazará brevemente a peripecia vital de Castelao deténdose naqueles momentos literarios e artísticos que considera máis significativos. Entre outros, representará con monicreques parte da súa obra: contos de
Cousas
(Panchito e a Marquesiña); narracións de
Retrincos
(Sabela e O inglés), escenas de
Os vellos non deben namorarse
e o monólogo do esquelete en
Un ollo de vidro
.
Fuente:
https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=153146