
Cultural
Cine, teatro, exposiciones, conciertos
C@nto contigo
Ulloa
10 Jul 2026
Cuándo
Viernes, 10 de Julio de 2026
17:00
Dónde
Sobre el evento
C@nto contigo
é un espectáculo onde Paco Nogueiras fai un percorido por cancións dos seus traballos
Brinca Vai!, Radio Bulebule
e
Extra!
sacando a nosa lingua a voar de xeito lúdico e divertido. Neste GRANDES ÉXITOS hai retrousos e cancións para participar activamente, bailando sen complexos, acompañando coa voz, coas palmas ou con acenos.
Paco Nogueiras chega acompañado dos seus instrumentos facendo un percorrido por un amplo abano de estilos musicais, dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica, aínda que sen esquecer as influencias tradicionais.
C@nto contigo
convértese así nunha oportunidade de cantar con amigos e amigas nun particular concerto onde a música e o humor transformará a biblioteca…nunha festa moi especial onde ti es protagonista.
C@nto contigo
viaxará alí onde alguén queira cantar, rir, bailar ou simplemente escoitar coas mans e as orellas ben abertas! Asi que … colle aire, saca o teu mellor sorriso e … cantemos!
Publico familiar a partir de 3 anos
Fuente:
https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=154864