Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

C´est pas Possible

Salnés

31 Jul 2026

Cuándo

Viernes, 31 de Julio de 2026

21:00

Dónde

Portonovo

Salnés, Pontevedra

Sobre el evento

Un espectáculo en clave de clown que convida a ver que si é posible saír da rutina.

Por diante un día máis de traballo, e baixo a súa responsabilidade, que todo estea listo para o inicio da función.

Afeita a traballar na sombra, a técnica e rigger é a encargada de montar o pórtico de aéreos e preparalo todo para que a Grande Artista brille na escena.

Responsable, disciplinada, eficaz e profesional pon o mellor de si cada día. Pero hoxe a súa rutina será alterada pola mirada do público, espertando o seu lado torpe e fantasioso, e levándoa a facer o que ela cría coma imposible.

Unha viaxe cara o reencontro cun mesmo e ó pracer de vivir e compartir

C´est pas Possible

é un SI é Posible

Usando o clown como linguaxe, e en comunicación directa co público, neste espectáculo pónse de manifiesto a dualidade que moitos vivimos por dentro, temos aprendido a ser eficaces, a cumprir prazos e expectativas, e esquecemos deixarnos ser e disfrutar.

Un espectáculo para todos os públicos que combina o clown con acrobacia aérea, e que nos convida a empaparnos das emocións que esta personaxe vive en escena.

Elenco: Marta Iglesias

Fuente:

https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=154868

También te puede interesar