Saltar al contenido principal
Blue Moon
Cultural

Blue Moon

Un biopic que explora la vida y obra de Lorenz Hart

A Coruña

26 Mar 2026

Cuándo

Jueves, 26 de Marzo de 2026

20:30

Dónde

CGAI – Filmoteca de Galicia

A Coruña, A Coruña

Sobre el evento

Segundo biopic atípico de Linklater no mesmo ano, centrado na figura do letrista Lorenz Hart, creador de temas como

My Funny Valentine

ou o

Blue Moon

do título, convertidos en clásicos do cancioneiro popular norteamericano. É a noite do 31 de marzo de 1943. Mentres o seu excompañeiro Richard Rodgers goza da gala de estrea do seu musical

Oklahoma!

, un Hart abatido, que se sente fóra de onda e irrelevante no artístico, acode antes de que remate o espectáculo ao bar Sardi’s, onde se celebrará a festa da premiere. Alí comparte penas co seu colega camareiro (Bobby Cannavale) e co escritor E.B. White (Patrick Kennedy), quen casualmente se atopa nunha das mesas, mentres agarda por unha misteriosa muller de 20 anos coa que está obsesionado (Margaret Qualley). Se

Nouvelle Vague

fai un uso excelso de exteriores, Linklater opta aquí por unha única localización interior para un estudo de personaxe máis intimista e introspectivo. Á cabeza dun elenco grandioso, un Ethan Hawke nomeado ao Oscar, xunto ao autor do libreto, Robert Kaplow.

Fuente:

https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=153718

También te puede interesar