Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

Bernarda

Tabeirós - Terra de Montes

20 Nov 2026

Cuándo

Viernes, 20 de Noviembre de 2026

20:30

Dónde

Teatro Principal A Estrada

Tabeirós - Terra de Montes, Pontevedra

Sobre el evento

Bernarda

é unha historia próxima, comprensible e universal. Todos coñecemos no noso entorno a alguén como Bernarda, e todos temos un pouco de Bernarda no noso interior, porque ese choque xeracional entre pais e fillos é unha constante universal, e dependendo de que lado esteamos vemos a realidade de forma totalmente diferente. Cando somos fillos queremos rachar coas normas que nos impoñen, e cando somos pais vémonos na obriga de ser nós os que as impoñamos, polo seu ben, e ese choque entre xeracións que conviven na mesma casa é inevitable.

Este choque xeracional, que como na vida mesma tamén ocorre en “BERNARDA”, por veces fainos chorar, porque ás veces as situacións vólvense tensas e duras, e por veces fainos rir, porque igual que na vida, ata nas situacións máis extremas xorde a risa como unha necesidade de desafogo e de liberación. Isto é o que en “BERNARDA” demos en chamarlle, humor de tanatorio ou risa de funeral, que tamén é unha constante durante todo o espectáculo.....

Ficha artística

Autoría e dirección: Jose Prieto

Escenografía: Kukas

Deseño sonoro: Jose Prieto

Deseño iluminación: Xoque Carbajal

Vestiario: Malasombra

Música: Malasombra

Elenco artístico

Luisa Merelas

Celia González

Esther Aja

Fuente:

https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=156142

También te puede interesar