Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

Baixo os remendos, nós

Viana

29 Ago 2026

Cuándo

Sábado, 29 de Agosto de 2026

19:00

Dónde

A Mezquita

Viana, Ourense

Sobre el evento

Patricia González e Alejandro Balbuena forman Acordeireta. Despois dunha longa traxectoria individual, deciden xuntar o acordeón e a pandeireta para divertirse, para seguir alimentando as súas almas, polo gusto de transmitir un sentimento arraigado ás nosas raíces, por reivindicar temas sociais dos nosos tempos, por homenaxear con música a persoas queridas e admiradas e sobre todo, para dignificar a nosa lingua, a cultura galega e compartilo con vós.

Loitar Cantando

foi o primeiro traballo deste dúo de gran variedade instrumental e rítmica, cun estilo único, fresco e contundente. O repertorio consta de temas tradicionais, de autor e dunha gran parte de composicións propias.

En 2025 presentaron o seu novo traballo

Baixo os remendos, nós

, co que afondan no seu estilo folk festivo-reivindicativo e no que achegan novas melodías, novos temas e novas ganas de seguir sementando valores a través da música. Será un 2026 cheo de festa e reivindicación da man de ACOREDEIRETA!!

Fuente:

https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=154860

También te puede interesar