Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

Arqueoloxía en Monodose

Ourense

21 Sep 2026

Cuándo

Lunes, 21 de Septiembre de 2026

19:30

Dónde

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Ourense, Ourense

Sobre el evento

Tras o descanso do verán, o MAPOUR continúa co ciclo de "Arqueoloxía en monodose", para descubrir novas propostas e coñecer mellor o noso patrimonio, con charlas divulgativas todos os luns do mes de setembro. Son as seguintes:

7 de setembro: "

Dende hai vinte anos temos un plan: o Museo de León en 2026"

,

por Luis Grau Lobo (director do Museo de León)

O Museo de León, vinculado á práctica arqueolóxica dende a súa creación en 1869, pasou a ocupar a súa actual sede no ano 2007. O seu director dende o ano 1990 invítanos a facer un percorrido por esta institución.

14 de setembro

: "Monumentos con forno en castros costeiros do Ortegal e da Mariña lucense",

por Emilio Ramil González (arqueólogo)

Un proxecto de investigación en castros da comarca do Ortegal permitiu exhumar tres monumentos con

Forno

, saunas castrexas, coñecidas tamén como «Pedras Formosas» en localizacións diferentes e con cronoloxías distintas.

21 de setembro:

"Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira"

,

por Pilar Fatás Monforte (directora do Museo Nacional Altamira)

Marcelino Sanz de Sautuola descobre en 1879 a primeira manifestación artística da humanidade. O impacto desencadeou tal controversia que o seu descubridor faleceu sen ver recoñecido o seu achado. Hoxe o Museo de Altamira é a institución que xestiona este Patrimonio da Humanidade, conservándoo e facéndoo accesible de modo adecuado á cidadanía.

28 de setembro:

"Arte paleolítica na Cova de Eirós: novas imaxes, novas interpretacións"

, por Tania Mosquera Castro (arqueóloga)

No corazón das serras orientais, o sistema cavernoso de Cova Eirós (Triacastela, Lugo) alberga as únicas manifestacións coñecidas de arte parietal paleolítica en Galicia. O seu descubrimento no 2011 marcou un fito nos estudos do Paleolítico galego e rompeu coa concepción deste territorio como un baleiro artístico e alleo ao fenómeno gráfico peninsular.

As conferencias terán lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense. A entrada é gratuíta.

Fuente:

https://museos.xunta.gal/gl/actividade/arqueoloxia-monodose-27

También te puede interesar