
Cultural
Cine, teatro, exposiciones, conciertos
Alta Costura
A Mariña Central
13 Nov 2026
Cuándo
Viernes, 13 de Noviembre de 2026
21:00
Dónde
Sobre el evento
Un espectáculo cómico, irónico e poético sobre a moda e a súa estreita relación co consumo, o recoñecemento social, a contaminación, a saúde e as condicións laborais.
ALTA COSTURA retrata o percorrido da produción da roupa dende a orixe da materia prima empregada na fabricación dos tecidos ata a confección das pezas, a súa distribución e a perversidade dos mecanismos de reciclaxe.
O espectáculo dá especial relevancia aos mecanismos de venda, ao espazo sensorial da tenda e á relación contemporánea que o gran público mantén co acto de mercar e tirar roupa. ALTA COSTURA detense detalladamente na “fast-fashion”: o momento da compra, a filosofía de mercado empregada polas principais marcas e pola rapidez con que os produtos se desvalorizan, caen en desuso e se transforman en residuos abundantes e altamente contaminantes.
ALTA COSTURA é unha creación de teatro visual. A estrutura escénica, as actrices, os actores, as bailarinas, os bailaríns e a música constitúen un organismo vivo en constante movemento e transformación que comunica a través dos sons, dos obxectos, das cores, das formas, dos movementos e das palabras.
Casa da Cultura de Burela
Venres 13 de novembro de 2026 ás 21:00 horas
Entrada: 5,00 euros
Público: Adulto
Entradas á venda na taquilla a partir das 20:00 horas
Fuente:
https://burela.org/es/alta-costura-0