
Cultural
Cine, teatro, exposiciones, conciertos
Alén
A Coruña
30 Abr 2026
Cuándo
Jueves, 30 de Abril de 2026
20:30
Dónde
Sobre el evento
Danza contemporánea
Hai momentos nos que sentimos que algo se rompe por dentro. Non sabemos ben que vén despois, só que xa non somos quen eramos. Estamos entre dúas augas, entre dous nomes, entre dous mundos. O último alento antes do salto. Nese instante, entre o derrubamento e o renacemento, nace ALÉN.
ALÉN é unha creación escénica de danza contemporánea interpretada por catro intérpretes que nace do desexo de habitar o límite. Explora o “alén” non como un destino, senón como un proceso: o momento no que algo remata, mais o novo aínda non tomou forma. A peza propón unha vivencia poética e sensorial dese espazo intermedio, dun territorio suspendido onde a identidade se disolve para volver xurdir transformada. A través dunha proposta dancística dinámica e enérxica, as catro intérpretes móvense na fronteira entre o que fomos e o que estamos a piques de ser.
Intérpretes:
Esther Latorre, Paula Urquijo, Xián Martínez e Marc Fernández
Equipo artístico/técnico:
Dirección e autoria: Esther Latorre e Hugo Pereira
Coreografía: Esther Latorre
Música e espazo sonoro: José Pablo Polo
Vestiario: Adolfo Domínguez
Iluminación: Xacobo Castro
Asesoría de movemento danza tradicional galega: Iván Villar
Produción: Hugo Pereira · Colectivo Glovo
Duración: 55 minutos