
Cultural
Cine, teatro, exposiciones, conciertos
Absurdia - Dani Blanco
A Coruña
5 Sep 2026
Cuándo
Sábado, 5 de Septiembre de 2026
21:00
Dónde
Sobre el evento
Unha paisaxe desolada: podería ser un vertedoiro, unha fábrica abandonada, unha trincheira, unha vella estación. Ducias de cadeiras en montóns desordeados. Tres personaxes abafados por completar unha tarefa que non comprenden e que nunca rematan. Falan, calan, discuten, retórcense, pelexan e danse apertas. Pasan da angustia á euforia cada pouco. Non saben por que están alí, nin o que lles espera. Parece que non poden marchar.Benvidos, isto é ABSURDIA.ABSURDIA é un formato de improvisación, inspirado no teatro do absurdo, e baseado na poética do clown.ABSURDIA é tamén unha traxicomedia existencialista, unha fábula que se rí do absurdo da condición humana.
Compañía/Artista: Dani Blanco
Tipo de espectáculo: TEATRO - Comedia
Tipo de público: XERAL
Programa: Escena ao vivo
Video
Fuente:
https://redecultural.gal/events/absurdia/