Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

A CORUÑA - Que esperas da nova Lei de Infancia de Galicia?

A Coruña

14 Abr 2026

Cuándo

Martes, 14 de Abril de 2026

17:00

Dónde

Manaia - Asociación Galega de Adopción e Acollemento

A Coruña, A Coruña

Sobre el evento

Continuamos cunha nova actividade do "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS" en A Coruña.

“Que esperas da nova Lei de Infancia de Galicia?”

Fai unhas semanas a Xunta anunciou a posta en marcha da nova Lei de Infancia de Galicia. Nela din que incluirán a posibilidade de que as familias de acollida poidan adoptar aos menores ao seu cargo e que abrirá a lista única, onde adopcion e acollemento iran da man.

Que pensas?

Que incluirías no novo texto?

Esperámoste!! Queremos coñecer a túa opinión para realizar a mellor das achegas a esta nova lei e tentar que inclua todalas cuestions que dende as familias adoptivas e acolledoras consideremos importantes.

DATA: 14/04/26

HORA: 17:00 - 19:00

LUGAR: Centro Cívico San Diego, Av. Alberto García Ferreiro, S/N, A Coruña

Coma sempre podedes convidar a quen queirades.

ESPERÁMOSVOS!!!!

Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.

Lembrade que todos os 2º martes de cada mes estaremos en A Coruña.

Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas ou en espera de adopción, sexan ou non socias de MANAIA.

Un saúdo

Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia

También te puede interesar