Saltar al contenido principal

Cultural

Cine, teatro, exposiciones, conciertos

Cultural

21 S(EMPRE) - Conserva de Memori(as)

Lugo

15 Sep 2026

Cuándo

Martes, 15 de Septiembre de 2026

19:00

Dónde

Museo Provincial de Lugo

Lugo, Lugo

Sobre el evento

A Rede Museística Provincial de Lugo presenta 21 Sempre, unha exposición comisariada por Encarna Lago González e Silvia Fiallega Lorenzo na que 33 artistas, a través das súas obras, se unen para dar visibilidade ao Alzheimer e reivindicar os dereitos das persoas afectadas e das súas familias. A mostra inaugurarase o vindeiro día 15 de setembro ás 19:00 horas no Museo Provincial de Lugo e poderá visitarse ata o 30 de outubro.

Artistas participantes Caxigueiro Juanel Cristina Basanta Mauro Leivas Martín Lestao Belén Mogo Neira Brochs Chus Lage Carmen Llonín Ignacio Castro “Nachok” Galiensoup Lu Vila Julián Bouza Alicia Puchades Carmen Porteiro Pedro Cabarcos David Catá H. Xeada Laura Díaz Mª Jesús Alonso López Dolores Guerrero Cris Bamio Noa Persan Soila Jankoska Xoán Vila Xosé Manuel Otero Hanoi Vidal Lomarti Juan Pablo Mastroianni Macía José Manuel Peña Romay Joana Vilaverde Participación colectiva: IES Alfoz-Valadouro, AFAN Burela e AFA Viveiro.

Esta exposición é tamén unha oportunidade para lembrar un camiño compartido que comezou no 2003, cando Afalu acababa de nacer. Desde entón, levamos máis de 20 anos colaborando cos colectivos, abrindo os museos á comunidade e entendendo a cultura como unha ferramenta de acompañamento, inclusión e benestar. Ao longo deste tempo desenvolvemos actividades de reminiscencia, obradoiros, visitas adaptadas, encontros e proxectos de memoria compartida. Nos últimos anos, este traballo intensificouse especialmente en Monforte, desde o 2007 con AFAMÓN ata o día de hoxe, e na Mariña, cunha colaboración moi estreita actualmente con AFAN Burela e AFA Viveiro; froito desa relación é parte desta exposición. Iniciativas como Conserva de Memori(as) amosan como a arte e o patrimonio poden axudar a conservar lembranzas, crear vínculos e facer visibles as historias das persoas. Con 21 Sempre, cada obra é unha voz que acompaña e unha invitación a reflexionar sobre a memoria, os coidados e a dignidade. Porque os museos non son só lugares onde se conserva o patrimonio: son espazos vivos que deben estar ao servizo das persoas. Sumámonos tamén á reivindicación de CEAFA neste Día Mundial do Alzheimer: O “NON” xa non é resposta. Reclamamos que a innovación e os tratamentos aprobados cheguen ás persoas que os necesitan, en condicións de equidade e sen exclusións por motivos económicos ou polo lugar onde vivan. Convidámosvos a visitar a exposición, descubrir as obras e acompañarnos nesta reivindicación colectiva. Máis de vinte anos despois, seguimos aquí, traballando cos colectivos, escoitando ás familias e defendendo unha cultura que coida. Porque o Alzheimer non espera. Porque a memoria importa. Porque o “NON” xa non é resposta.

También te puede interesar